Desaiuno ensimismado sobre fondo galego

Mirada fluvial de ventá que chora choiva, torradas con café e leite de soia, 420 euros para o més, declaracións caducadas de políticos con colesterol que salvan o mundo coa reforma laboral e propón 630 euros coma un trunfo do socialismo. Vendéronnos a moto din mulleres que creron ser feministas disfrazadas de homes que dirixen bancos con sangue nos pés. Carballeiras milenarias gobernadas por asasinos de linguas no umbral da pobreza cultural. Propaganda fascista que se prostitúe feminista atacando minaretes fálicos, acoso laboral en ong, Non traballa quén non quere cuspen bocas do sacrificio católico. Hai que aguantar co que che toca sentencian beizos deprimidos polo machismo,  As mulleres tamén envelenan revelan periodistas do espectáculo.  Onde imos? Bolsas de estudos, viaxes imaxinarios, Coimbras e Granadas, salarios sumerxidos, masters e posgrados… Mais hai luz.  Hai luz mentres haxa tigres de tenrura, vulvas, cebras, e sexo en verde musgo, mentres haxa conversas en retrincos, mentres hai verdás rosalianas, mentres sigan medrando troques e xeiras das árbores, Mentras teñamos a fermosa enruga de Mamá Asunción, mentres hai miradas de frente e fusión entre corpos, mentres aloumiños cómplices e lumes vagalumes incendien  a pel, a cama e a ialma. Porque estámos a Ser, porque  A loita continúa.   .Perdoe vostede… Disculpe…Estaba ensimismada…qué me dicía?

Deja un comentario

Archivado bajo Eva Cañizares Alvarez, Galego

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s