Había un home que inmediatamente despóis de reconciliarse con Ela saía a celebralo aos bares cos amigos, quedando ésta na casa, na cama, soa. Había un home que non sabía o que vivía a súa Compañeira nos días, nin o que soñaba nas noites. Había un home que non preguntaba Cómo estás, Qué sintes, Qué quéres. Había un home que se ría das inquedanzas desa Muller. Había un home que o antepuña todo á Ela. Había un home que falaba demasiado. Había un home que non respetaba os silencios. Había un home que non soubo endexamáis escoitala. Había un home que dícía que os tempos de caricias eran perdidos. Había un home que non entregaba o sexo. Había un home que levaba do brazo a unha muller perfeita e sorinte. Había un home que non sabía nada desa Muller. Había un home que se aburría mirando aos ollos. Había un home que tiña ansia de todas partes. Había un home que de tanto estar non estaba en ningures. Había un home que quería todo. Había un home que non sabía bicar. Había un home sin paixón. Había un home que non amaba. Había un home incapaz de concentrarse. Había un home que tiña cousas. Había un Home? Había unha Muller. Había unha muller que soñaba que buceaba en profundidades de océanos. Había unha muller que soñaba que ese home flotaba na superficie. Había unha Muller.
Elas, as que bucean
Archivado bajo Eva Cañizares Alvarez, feminism
Fermosa a imaxe… e moi suxestiva para o texto. Gracias. 1 bico. Eva
O home é un narcisista, e a muller é bela. Parabéns por escribilo,