Archivo de la etiqueta: explotación

Entrevista co Vampiro


Último dia de Novembro. Ano 2009. Século XXI. Vigo.

Non iba esa mañán con grandes espectativas. Pero en fin. Haberá que ir… por se esta é a oportunide…

Edificio de 12 pisos. No ático, 13 andar, a entrevista. 12 horas 45 minutos.

Chamo ó timbre. Abre un mozo sorinte. Hai música (clásica, creo) de fondo. Ambiente relaxado pero con movemento, con dinamismo. O mozo leva na mán un móvil.

-Hola, pasa..

– Hola, chego moi pronto?

– Non non, case mellor para mín, pasa. Ponte cómoda, en seguida estou contigo. (moi amable)

O mozo vai a unha sala contigua e fala polo móvil uns minutos. Antes, déixame un periódico para o tempo de espera.

A sala na que me atopo é agradable. Mesa branca e cadeiras vermellas, espaciosa, paredes en ton claro. Aquí deben reunirse. Ten un toque práctico e moderno. Penso que ao mellor non está  mal este traballo, ao mellor me levo unha sorpresa e atopo aquí un bo lugar onde traballar. Non ten máis idade ca mín, non máis de 35 anos. O seu look é moderno, leva vaqueiros e camiseta de cores e formas chamativas da marca Des-igual,  un pendiente e actitude desenfadada, activa. Pode que nos entendamos ben, ao fin somos da mesma xeneración, pode ser. Un tío solidario, implicado, feminista, comprensivo, serio, coherente. Un home do noso tempo. Bueno, a ver que pasa. Olleo o periódico.

–          Bueno pois xa estou aquí! (obsérvame moito) Traballaches algunha vez nun centro de menores?

–          Non, a verdade é que sería a primeira vez

–          Pero coñeces o funcionamento, de qué se trata….

–          Si claro, sei perfectamente como se traballa

–          Ben, pois… Por qué Educadora Social? (actitude cómplice, tipo “ Hai vai a pregunta de rigor”)

–           Porque entendo que para mín supón a coherencia plena entre traballo e valores persoais, por iso fixen esta carreira e por iso quero seguir traballando en este campo.

Mentras respondo, mírame atentamente. Os meus movementos, as miñas máns, os meus ollos.

–          Qué experiencias laborais tés que estean relacionadas cos menores?

–          Teño experiencia tanto en docencia como en Educación para a saúde  con xóvenes e adolescentes, así como en atención social directa como Educadora Familiar. (Sígueme mirando esaxeradamente, como estudiándome).

–          Ben ben… e poderías describir as túas tarefas como Educadora nun centro de menores? (cun soriso)

–          Pois tería a responsabilidade de ser un referente para eles, acompañalos e asesoralos no seu proceso de mellora.

–          Si, efectivamente, ademáis, traballarías cun equipo multidisciplinar e claro (actitude moi profesional), pediríamos moita capacidade de aprendizaxe, de resolución de conflictos, de asimilación do funcionamento interno, dos principios de traballo da institución… Neste caso trátase dunha casa de familia onde residen 8 menores de entre 0 e 18 anos. Temos 8 casas deste tipo. A túa tarefa sería de educadora facendo o que xa comentaches. Ademáis, traballarías a contención, xa que te direi que os menores que chegan ao noso centro enviados pola administración teñen graves problemas de conducta, algúns son infractores, non foron detidos pero cometeron delitos, problemas psiquiátricos, en fin, menores que non teñen intención de quedarse aquí e que queren marchar. Sin ningún tipo de motivación para o cambio. Bueno e moitos deles ademáis co problema engadido de consumo de substancias… Danse situacións moi difíciles no día a día…( actitude de reto, de seriedade) tamén claro, terías que cambiar cueiros se se dá o caso de bebés… bueno, un traballo multidisciplinar. En principio formarías parte dun equipo de 5 persoas: (explicando con dinamismo, enumerando cos dedos) un cuidador que se encarga das noites, un director, un educador coordinador e dous educadores que estarán os días. (con determinación) O que buscamos é cubrir o posto dun destes educadores de día. Os horarios serían de 2 a 10 da noite de luns a domingo, pero en semanas alternas traballarías de luns a xoves e o sábado entrarías para facer intensiva a fin de semana saíndo o domingo ás 10 da noite, ¿Enténdelo, o explicocho de novo? Tamén estamos pensando en facer algunha mañán… pero esas decisións… (moi neglixente) xa serían informadas pola dirección se xurdiran. Estamos reorganizando o traballo interno. Terías un més de vacacións (risas) e en principio estarías un més a proba, se a superas faríamos un contrato de 3 meses e despóis dun ano. Sen problemas,(desenfadado) se vés que non estás conforme nun tempo pois se rescinde o contrato e sin problema (risas).

O salario son 750 Euros coas pagas extra prorrateadas.

Silencio e Perplexidade. Quedei perplexa. Nese momento, sentín  calor. Percorríame o corpo dende os pes ata a cara. Estaba ruborizada. Avergoñada. Sentía vergoña da vergoña que pensaba que sentía el por ter que soltarme tal cantidade de burradas, porén, él estaba moi metido no seu papel, parecía inmunizado, ou é que tiña unha  grave falta de sentido do ridículo. A vergoña toda daquela habitación estaba en mín.

–     Bueno… é un pouco baixo…                (mirada e xesto de comprensión, de empatía)

–     Moi baixo! ( incrédula)

–     Páganos a Xunta, páganos moi pouco e…(resignación)

–     Baixísimo… (indignación)

–     Dígote unha cousa (cómplice cotilleo). En calquera centro de menores non te van  pagar máis, e se o fán será porque terás moito máis volumen de traballo, é así. Somos entidades de iniciativa social.. Non podemos ofrecer máis. Non sei se che interesa…(mírame interrogante)

–          Pois non me dá nin para a viaxe. (sigo en estado de alucinación).

–          Normal normal, enténdote perfectamente! ( xesto de entendemento, de “canta razón tés”)

–          Bueno pois, síntoo pero.. (interrómpeme)

–          Nada Muller! Non te preocupes, qué lle imos facer! Enténdote (Reacción nerviosa e querendo ser amable)

–          Síntoo por mín

Levántome e póñome o abrigo e a bufanda. Collo o meu bolso. El tamén se levanta e acompáñame ata a saída. Fai o xesto de darme o C.V. Eu dígolle que se quede con él. El dime que sinte haberme feito ir ata alí. Eu dígolle que non importa, que así sei coma funcionan e coñezo outras institucións.

–     Pois outra vez será! Nunca se sabe! Encantado de coñecerte (dame a mán con forza pero sin apretar demasiado, con seguridade, como indican os manuales de RR.HH).

–     Ata logo.

Baixo á rúa. Camiño. Collo o móvil no bolso.

–          Hola, cómo estás?

–          Ben ben. Si, acabo de sair…

–          Pois mal. Non imaxinas o que me acaban de ofrecer…

“E lavouse as máns”

A modo de pequeno relato, describo  unha entrevista laboral que resume a situación que  estamos a vivir o colectivo de educadoras/es  que aínda procuramos traballar naquelo no que nos formamos. Podería ser ficción, máis é pura realidade.  Lonxe  de ser excepcional, este retrato resume o que está a acontecer no sistema sociolaboral galego.

O que acaban de ler, que está sucedendo non somentes nos centros de menores,  ven moi a conto co Informe e denuncia “Se volto, mátome” que Amnistía Internacional fixo público o 15 de decembro de 2009 en canto ao maltrato recibido por moitos menores en diferentes centros terapéuticos do Estado, e que provocou a indignación  política en Andalucía e Cataluña. Tamén ten que ver dalgunha forma co mediatizado  caso do “neno obeso de Ourense”, bautizado así polos medios de comunicación, e tutelado pola administración galega por considerar que a súa familia non é apta para velar pola súa saúde. Dende a administración, encargaronse entón de sair coa boca chea nos medios, dignos, heróes fervorosos, salvadores dese menor desprotexido, mentres el é tratado  coma un mono de feira. Puro espectáculo. Mais o que non sae nos medios, o que non provoca o escándalo, é o que se agocha detrás de todo isto. Pregúntanse cómo funciona un centro de menores? Pregúntanse qué persoal, cántos e qué formación teñen as e os responsables dos centros? Pregúntanse qué salario cobran estas persoas?   E o número de centros e de qué tipo hai neste momento en Galicia?

Sábese que a maioría dos centros de menores, 70 % aproximadamente, casas de familia e pisos tutelados son xestionados a través de Subcontratos que fai a administración a certas entidades sin ánimo de lucro, que se encargan de contratar á súa vez ao persoal  ofrecendo salarios miserables por horarios infinitos.

Sábese que as e os educadores que se encargan de levar a cabo a intervención socioeducativa (pensando no mellor dos casos que se trate de persoal cualificado) carecen de recoñecemento profesional pola administración galega e que non teñen convenio propio, senon que están adscritos a convenios no mellor dos casos de Oficinas e Despachos, de fai 20 anos, o que facilita estes abusos a través desa “legalidade”  infame. As consecuencias, como é lóxico, páganas directamente os e as menores que están en ditos centros que en moitos casos están en condicións pésimas a nivel de instalacións e de recursos.

Pois isto sucede agora mesmo, aínda que non interese que se faga público. A administración sábeo, e mira para outro lado. Os sindicatos sábeno e non se movilizan. Entretanto, como en Crónica dunha morte anunciada, o espeso silencio da falsedade e o entretemento dos reáliti mediáticos enchen os titulares con temas de despiste máis propios de relatos costumbristas que de custións políticosociais serias, centrando a atención nos quilos dun neno, que por certo, ten nome, chámase Moisés, e na proporción de sucre do turrón que vai tomar no Nadal. Non é isto maltrato a un menor?

Quixera sinalar por último o estrano e rechinante que resulta asistir as movilizacións e protestas xustas acontecidas recentemente polo despedimento e peche das Oficinas I+B do Consorcio de Galicia, nas que se implicaron os sindicatos coma era de rigor, e comprobar porén, que sabedores da situación patética na que nos atopamos, ningún colectivo sindical sae á rúa  para esixir algo tan primario e básico coma un Convenio propio para un sector profesional que leva anos sendo humillado laboralmente pola administración. Por qué, se o saben de primeira man, non se denuncia e investiga a fondo e se leva ao Parlamento coa urxencia e firmeza que merece? Non habería que empezar por aí? A administración ten que resposabilizarse absolutamente do benestar dos menores e recoñecer a importancia da educación social, cambiando radicalmente a forma de levar a cabo a xestión dos seus centros, coñecendo de primeira man en qué situación se atopan os menores, e as condicións laborais das persoas que en eles traballan.  Non sei que é máis grave, coñecer esta situación e lavarse as máns, ou alegar non estar informados, que xa é o colmo da despreocupación e da desidia.

Eva Cañizares Alvarez

Deja un comentario

Archivado bajo capitalism, Galego, Izquierda Anticapitalista, scenes, tale, Urban Culture

Exclusión y explotación, cara y cruz del capitalismo

A white car and young boys

«Exclusion does not replace exploitation; rather, it is the necessary consequence and reverse side. Relegation from the productive process in fact deprives the ‘excluded’ of any possible reappropiation of the means and ends of production. Their disarray then finds expression in sporadic explosions against the mirages of consumption, which are simultaneously symbols of their frustrated ambitions and the reigning scale of values. This rebellion is rooted in the depths of the relations of exploitation, which make social labour-time the measure of all wealth, and periodically eject the ‘losers’.»

[La exclusión no sustituye a la explotación; más bien, es la consecuencia necesaria y su reverso. El apartamiento del proceso productivo en realidad arrebata a los «excluidos» culaquier posibilidad de reapropiación de los medios y fines de la producción. Su desarraigo entonces encuentra su expresión en esporádicas explosiones contra los espejismos del consumo, que son simultáneamente símbolos de sus ambiciones frustradas y de la escala de valores imperante. Esta rebelión está enraizada en los arcanos de las relaciones de explotación, que hacen del tiempo de trabajo socializado la medida de todo bien, y que periódicamente expulsa a los «perdedores».]

Daniel Bensaïd (1995), Marx l’intempestif : trad. ingl. de Gregory Elliott, Marx for Our Times: Adventures and Misadventures of a Critique,  Verso, Londres, 2002, p. 163.

Deja un comentario

Archivado bajo "Socialist" Zionism, anarquismo, antisemitismo, Boicot a Arabia Saudí, Boicot a China, Boicot a Israel, Boicot a Italia, Boicot a La Unión Europea, Boicot a las dictaduras, Boicot a Rusia, Boicot a USA, books, capitalism, colonialism, criticism, culture's distortion, ecology, Education, EU, feminism, France, Gender, Guantánamo, Human Rights, humanitarism, imperialism, individualismo, Interpretatio, islamofobia, Izquierda Anticapitalista, Le Coeur Un, Left, loci a persona, loci a re, Market, politics, Postmodernity, Punks de boutique, quotes, rhetorics, situjihadism, TAZ, Urban Culture, USA, كرامة, صبر