Archivo de la etiqueta: minaretes

Minaretes fálicos no diván de Europa

Estamos a vivir unha oleada de xenofobia en toda Europa, arroupada polas dereitas, que   baixo discursos de protección paternalistas non dubidan  en aproveitarse de valores que lle son alleos históricamente e que desencadean unha sensación social de ambigüedade e de confusión. Confusión que está a contaxiar perigosamente cuestións tan serias e universais como a discriminación contra as mulleres.

Como feminista, estame a resultar inaceptable a asociación que en titulares de prensa  se ven facendo entre Grupos de dereitas con “Feminismos radicais” coma se un idilio entre eles fora posible, e o que é peor, explicara e xustificara o rexeitamento en Suíza á construcción de  Minaretes aprobada en novembro de 2009 despóis de levarse a referendum, promovida xa dende 2007 pola dereita suiza,  que non é outra cousa que unha expresión de islamofobia en nome da defensa dos dereitos e liberdades das mulleres. Este é un exemplo recente e moi claro da utilización dun  supostamente feminismo máis que sospeitoso, para acadar resultados  que son absolutamente contrarios coa esencia mesma de tal conceito. Pois debemos  ter claro que non todos os discursos que pretenden a “protección” da muller son Feministas así como tampouco o son polo feito de ser mulleres as portadoras de tales discursos. Políticas similares estanse aprobando estes días en Francia coa lei anti-burka que prohibe a seu uso en lugares públicos que, unha vez máis, en lugar de brindar axuda, discrimina e segrega.

É totalmente inxénuo ou perverso  pensar a cultura e relixión islámicas en parámetros exclusivamente de violencia e machismo. O Islam,  que goza dunha cultura ríquísima e milenaria, non é estático e ríxido como se pretende proxectar, senon que é dinámico, evoluciona e está en continua transformación a un ritmo propio, circunscrito nuns contextos determinados, do mesmo xeito que o resto de civilizacións, como a occidental, por exemplo. No caso concreto da polémica dos minaretes, atopámonos ante a utilización de estereotipos que limitan unha cultura ao terrorismo e ameaza constante para as mulleres do mundo, e para as sociedades occidentais, sempre en perigo de invasión.  Esta mensaxe é típica das ideoloxías máis xenófobas,  e utilizada como escusa para conseguir fins que atentan unha vez máis contra os Dereitos Humáns e a Diversidade Cultural.  Trátase pois, dun argumento ilóxico, infundado e carente de Sentido Común, frase última  degradada tantas veces polos discursos políticos das dereitas.

En todas as culturas, se foron construindo uns determinados espazos físicos:  edificios,  casas,  parques,  mezquitas,  igrexas,  sinagogas, que adiquiren uns significados  que son vividos e sentidos, unha semioloxía determinada  polas sociedades e os momentos históricos dos grupos que as conforman. Estes significados do entorno físico, tamén mudan, ao igual que  os usos e   costumes que en torno a eles se proxectan nas diferentes épocas.  Polo tanto, esa suposta asociación simbólica dos minaretes  cun significado machista e fálico que se está a proclamar como causa do rexeitamento por parte dos grupos feministas, non é real, nin xustifica esta persecución e sentencia, xa que do mesmo xeito, habería entón que prohibir a construcción de igrexas polo que de símbolo da represión, sacrificio  e sometemento da muller encerran. O Feminismo é moito máis profundo e serio, é unha actitude de vida que non se reduce a estas conceptualizacións vacías.  Ademáis, a cultura Islámica non carece de plataformas civís que  traballen  polos dereitos das mulleres. O Feminismo islámico, ao igual que en Europa, está presente no devir  da sociedade, que pretende vivir con plenos dereitos sen ter que renunciar por elo á súa identidade como mulleres, e como musulmanas. Trátase dun Feminismo dende a diferenza, que medra e toma sentido, forza e recoñecemento como  resultado  da loita continuada e lexítima de uns pobos que non aceptan o fundamentalismo relixioso como forma de vida nin como imaxe da súa cultura, pois non é representativo do Islam nin da relixión musulmá. Podemos falar de figuras de peso no feminismo islámico e no estudo das cuestións de xénero como  M. Laure Rodríguez Quiroga, traballadora social e presidenta da Unión de Mulleres Musulmanas de España, e directora de Torre de Babel; Ndeye Andújar, feminista catalana e directora de WebIslam, e vicepresidenta da Xunta Islámica Catalana; Anne-Sofie Roald, Historiadora da relixión especializada no campo de estudos de islamismo, xénero e migración, afincada en Suecia e profesora na Universidade de Malmo; Yaratullah Monturiol, especialista en hermenéutica coránica, ou Dolors Bramon, profesora de Estudos Árabes e Islámicos da Universidade de Barcelona e Doutora en Filoloxía Semítica e Historia Medieval.  Son exemplos do traballo e a consolidación neste campo, investigadoras que levan décadas desmantelando falsas crenzas e tópicos sobre a muller e a sociedade islámica, e sobre os millóns de persoas que en Europa viven e pensan o Islam e deciden libremente optar pola relixión musulmana sen ter por elo que aceptar ser mulleres de segunda, sen identidade e totalmente carentes de liberdade, sometidas a os desexos dos homes. Este é un pensamento extendido en Occidente e que corrovora unha vez máis o descoñecemento e a permanenza de prexuízos e estereotipos tomados como verdades e señas de identidade do mundo Islámico, sendo así asimilado como oposto, contrario e estrano.

Debemos alzar a voz para acalar aos que utilizan o islam para manter o patriarcado, as desigualdades sociais e económicas e todo tipo de discriminacións” Ndeye Andújar.

O Feminismo é un conceito moi amplo, integrador e universal preñado de diversidade, que aglomera moitos valores: paz, convivencia,  interculturalidade,  igualdade, e respecto profundísimo á individualidade de cada ser humano e de cada cultura e relixión,  e cuxo piar é o Empoderamento das mulleres. Polo tanto, non cabe neste conceito  ningún contravalor que pretenda a segregación cultural e o asoballamento dunhas culturas sobor de outras.

Trátase pois de  estratexias que, no nome do Feminismo, pretenden levar a porto as feroces ansias de poder e sometemento dunhas  ideoloxías que, por certo, veñen sendo históricamente  as herdeiras e espalladoras da violencia contra as mulleres en todas as súas formas e en todas as épocas e culturas, incluida a Islámica, onde o Fundamentalismo e o integrismo relixioso máis violento foi   fomentado, instaurado e financiado precisamente polos que hoxe en Europa e EE.UU se autoproclaman heróes das mulleres.

Noentanto, non é o Feminismo un movemento inxénuo e carente de forza.  Está presente en todas as culturas,  a pesar da dificultade histórica de concretar o seu significado,  e non se limita a occidentalizar  cuestións universais   nin a aceptar unha minoría de idade permanente. Sabemos e debemos compartir a loita polo empoderamento da muller, e para elo, recoñecemos a diversidade cultural como punto de encontro e de enriquecemento, non tomada con carácter separador e segregador, senon como vínculo de unión.

O Feminismo é un movemento radical e profundamente liberador, porque rompe cos dogmas e co estatismo e rixidez  dos que se alimentan as sociedades eminentemente patriarcais. Falar de feminismos radicais e non radicais carece póis de sentido. Endexamáis deben entenderse coma feministas comportamentos e actuacións que sustenten actitudes de mediocridade que neguen o direito fundamental de cada individuo e/ou cultura a expresaren a súa forma particular de ser e estar no mundo. O Feminismo non é inimigo das Relixións, senon das fauces que a través delas pretenden históricamente anular e someter ás mulleres. As relixións, como vias de expresión, levan implícita a procura de transcendencia,  na busca de Sentido. Ao fin, trátase da curiosidade, dende os principios da humanidade, por todo aquelo que se escapa á  comprensión inmediata. Trátase dunha forma de sentirse no Mundo tan verdadeira coma as teorías máis científico-filosóficas, que por outros derroteiros camiñan na procura das mesmas respostas.

Contrariamente ao que se cré, nos seus albores o islam representou unha mellora na condición da muller e incluso se chegou a considerar coma unha idade de ouro feminina. O Corán non establece un sistema machista senon que en moitos aspectos intentou suavizar as prácticas patriarcais que se levaban a cabo nas sociedades dos actuais territorios musulmáns, nos séculos V e VI d.C.” Dolors Bramon.

Neste senso, pensar que as relixíóns son a causa do machismo e da violencia  contra as mulleres e os pobos, tanto no islam como nas demáis culturas, carece de fundamento, sendo en realidade os grupos que ostentan o poder patriarcal os que en nome das Relixións manipularon, tersiverxaron, cometeron e cometen os peores atentados contra a humanidade.

As ideoloxías de dereitas máis xenófobas e de tradición patriarcal  están a intentar en Europa vender, baixo mensaxes de protección dos dereitos humanos, os seus máis escuros anceios de imperialisomo racista, sometedor e segregador. Son, por tanto, ideoloxias Antifeministas.

Eva Cañizares Alvarez

Tamén publicado hoxe en Altermundo.org.

1 comentario

Archivado bajo Eva Cañizares Alvarez, feminism, Galego, islam, islamofobia

El baile de las anglomusulmanas y de las feministas suizas

Bismilah al rahmán y rahim

Los Reyes Magos del gran diario El País (de las mentiras) me han traído a mí y a todos sus fieles lectores, hombres y mujeres, muchos de nosotr@s feministas sin complejos, una tribuna agitada de Rosa Pereda, cuyo título es Minaretes, mujeres y obispos, es decir, un collar de ideas tan aproximativas que me veo en la necesidad de reírme un poco con ellas.  Aparte de la intención un poco fantástica, digna de estos regalos de los Reyes Magos, de contribuir desde la tropeza argumentativa al ejercicio colectivo de más  confusión sobre el feminismo, el islam en Europa, “los Estados  musulmanes” (sic) y la votación gloriosa de los simpáticos suizos para la muy simbólica prohibición de la construcción de nuevos minaretes en sus santuarios patrios, que es en sí una temeridad, la inculta “escritora”  y periodista que firma dicha tribuna marca el ritmo para un nuevo baile lleno de furor, y cómo no en este época de fiestas y grandes pensamientos, y acciones corporales y entusiastas, en el que se agitan impetuosas las piernas y gargantas de

Las anglomusulmanas, que también las hay, pusieron el grito en el cielo […]

Así, tan campante, una nueva nacionalidad de sujetos que gritan, no inglesas, no musulmanas, anglomusulmanas, como nuestras antologías hispanomusulmanas, ya saben, las del Al Mutamid y Ben Ammar, las de Ben Zaydún y la dichosa Wallada, el rejuvenecimiento de la terminología más rancia del arabismo en un engendro atrevidísimo (“anglomusulmanas”, intenten traducirlo, a ver que les sale), y pronto galaicomusulmanas, vascomusulmanas, francomusulmanas, etc. Pero no es todo, faltaba color pardo. Para animar el baile, la escritora  se nos despide con la invocación mágica de otro sujeto mucho más aterrador, no por su esencia sino por sus atributos, puesto que serían algo así como feministas de la UDC/SVP, porque, recordemos, solamente ese partido que va de antisistema por la vida y derecha extrema (no a los permisos de maternidad, no a la ciudadanía para los extranjeros pobres, etc.) pidió a la ciudadanía de verdad el voto del sí a la islamofobia facilona, movilizando en exclusiva a más de la mitad de la población de ámbos sexos. Por eso, Rosa Pereda se ha hecho un lío de faldas de

el ten con ten de las feministas suizas, que no quieren minaretes en sus ciudades […]

Que no existen más que en sus discotecas fiesteras y en sus elucubraciones de periodista. Allá está todo, la sangre, los obispos, los mártires queer mezclados con más obispos, y uno de Oviedo, parece ser. Venga, que vuelva a empezar, que con tanto miedo al islam y al laicismo, nos estamos haciendo americanos. Como El País.

Deja un comentario

Archivado bajo "Socialist" Zionism, anarquismo, anteUtopia, antisemitismo, antisituación, arabismo, autobiografía, âge hypermoderne, Bagdad, Bible, Blogama, Blogroll, Boicot a Arabia Saudí, Boicot a China, Boicot a Israel, Boicot a Italia, Boicot a La Unión Europea, Boicot a las dictaduras, Boicot a Rusia, Boicot a USA, Borders, capitalism, Christian Zionism, colonialism, Cosmopolitanism, criticism, culture's distortion, dâr al-Harb, ecology, Education, EU, feminism, France, Gender, Human Rights, humanitarism, II Guerra Fría, imperialism, individualismo, islam, islamofascismo, islamofobia, Izquierda Anticapitalista, Jewish Zionism, Jihâd, Muslim Zionism, nationalism, Obama, orientalism, Palestine, politics, Postmodernity, press, quotes, rhetorics, Rightist Zionism, situjihadism, Sufism, Urban Culture, USA, كرامة, Virtual bonfire, webislam, [[الله اكبر]], القران الكريم, المقاومة المسلحة في فلسطين, انتفاضة غيتو غزّة, تهكمية, حرب في أفغانستان, ديوان عزيز نورة, دعاء, صلاة, صبر